publicidade hoxe

Apróbase o Plan Especial de dotacións para a implantación dun equipamento relixioso na parroquia de Barcela en Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboLocal Portada
A-
A+

Segundo a memoria do plan, a situación xustifícase pola centralidade dentro do concello de Arbo, así coma a proximidade á estrada PO-400

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de aprobar definitivamente o Plan Especial de dotacións para a implantación dun equipamento relixioso no lugar de Sela, na parroquia de Barcela, no concello pontevedrés de Arbo. O ámbito do plan especial é unha parcela de 3.290 m2, clasificada no plan xeral vixente como solo rústico de réxime normal,

O Plan Especial de dotacións redáctase en aplicación dos artigos correspondentes en relación coa Lei de Ordenación Urbana de Galicia (LOUG), para a execución do equipamento relixioso, complementado con aulas e zonas de reunión dos veciños da área de influencia.

24 de maio de 2014 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.