publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal rexistrado no concello de Rubiá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaRubiáSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio ourensán de Rubiá, na parroquia de Oulego.

O lume iniciouse ás 21:35 horas de onte e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 70 hectáreas, na súa maioría de monte raso. Nos traballos de control deste incendio participan 4 axentes forestais, 12 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

6 de maio de 2014 | 10:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.