publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Activo un incendio forestal rexistrado na parroquia de Reádigos, no Irixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaO IrixoSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora no municipio ourensán do Irixo, na parroquia de Reádigos.

O lume iniciouse ás 14:41 horas e, segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan 1 técnico, 2 axentes forestais, 9 brigadas, 3 motobombas, 3 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

14 de maio de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.