publicidade hoxe

Actividades en Vedra para o fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O Concello de Vedra presenta, unha semana máis, a súa axenda de actividades na que se inclúe:

O XOVES 8 DE MAIO: Obradoiro de arte floral  no Centro Social de Vedra ás 19.00 h. O curso será impartido por Margarita Devesa Cardelle. As inscricións realizaranse na cafetería do Centro ou no teléfono 981 502 024

O VENRES 9 DE MAIO: “Exposición de Pintura de Silvia de Loño” Inauguración ás  20.30 h no Museo Paz Camps. Esta exposición estará aberta ao público os días 10, 11, 17 e 18 de maio en horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h

O SÁBADO 10 DE MAIO: Foliada en Trobe organizada  pola asociación Treixada. A partir das 22.30 h. no Local Multiusos  de Trobe.

5 de maio de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.