publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ábrese o xuízo oral ao alcalde de Trazo por delito de falsidade documental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaTrazo
A-
A+
Europa Press

A Audiencia Provincial da Coruña acordou abrir xuízo oral ao alcalde de Trazo, o popular José Dafonte, por un suposto “delito de falsidade documental en documento oficial cometido por unha autoridade pública”, segundo informou o Grupo Socialista de Trazo.

A Fiscalía pide para o rexedor unha pena de tres anos de prisión polo suposto delito “relacionado coas irregularidades cometidas na construción dun graderío no campo de fútbol da parroquia de Campo” que, conforme indicaron os socialistas do municipio, “foi recibido e pagado cando os traballos non estaban siquiera iniciados”.

Así mesmo, detallaron que o Ministerio Fiscal solicita tamén para Dafonte unha “inhabilitación especial para o exercicio de cargo público” e, concretamente, como alcalde, por un período de “catro anos”, ademais dunha “multa” e “a imposición do pagamento dos custos do procedemento”.

O PSOE de Trazo informou de que “está comparecido” como acusación popular no xuízo, que terá lugar o martes día 30 de setembro na Audiencia Provincial da Coruña. Precisamente, segundo explicou o voceiro do socialista no municipio, foi o Grupo municipal socialista quen “puxo o caso en coñecemento da Xustiza”.

CONSTRUCIÓN DUNHA BANCADA

Os socialistas de Trazo aseguraron que a Fiscalía solicitou a apertura do xuízo oral ao entender que José Dafonte, exercendo as súas funcións como alcalde, “en xuño de 2009 asinou unha factura” por importe de 26.049,8 euros correspondentes á construción dunha bancada na parroquia de Campo”.

Segundo indicaron, esta factura tiña como obxectivo “aparentar que a devandita obra se realizara cando non era certo”, pois “a obra non estaba feita e nin sequera fora certificada non pola empresa nin pola secretaría do Concello”.

O PSOE de Trazo recordou que en maio de 2010 a propia Deputación da Coruña “sancionou” ao Concello de Trazo por “vulnerar” a Lei 30/2003 Xeneral de Subvencións, no relativo ás obras de construción do graderío do campo de fútbol da parroquia de Campo, xa que foran financiadas nun 71 por cento pola institución provincial.

9 de maio de 2014 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.