publicidade hoxe

Abegondo vivirá a súa Festa Cabalar con concursos, exhibicións e festa andaluza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoCalendario
A-
A+

Abegondo vivirá o domingo, 11 de maio, a súa xa habitual Festa Cabalar. Decenas de cabalos, eguas e ponis poderanse ver no campo da festa de San Marcos desde as 11.30 horas.

A esa hora comezará o concurso de barrís, ao que seguirá ás 13.00 horas o de carruaxes. Neste caso haberá dúas modalidades: o de carruaxes tirados por cabalos e eguas e o de carruaxes tirados por ponis.

Ás 12.30 horas chegará a música, asociada á festa andaluza que se celebra. O grupo rociero Agarimos do Sur fará as delicias do público.

Despois da comida, na que non faltará a pulpeira, chega a quenda da doma. Ás 16.30 horas terá lugar a exhibición, que precederá ao concurso.

O Concello de Abegondo espera a afluencia de centos de veciños do municipio e da comarca, atraídos polos fantásticos cabalos que se poderán ver en San Marcos e pola xornada familiar que se propicia.

8 de maio de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.