publicidade hoxe

Abegondo emprende un programa de rutas saudables para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo quere aproveitar os potenciais naturais e históricos do municipio para promover rutas saudables aos maiores. En clos próximos tres meses, os maiores poderán participar nesta iniciativa que busca fomentar o paseo como exercicio biosaludable.

A actividade comezará este venres, 16 de maio, cunha ruta histórica por Sarandós. Cun percorrido de 7 quilómetros, os participantes descubrirán puntos como a Torre dos Cen Doncelas, a casa onde durmiu Felipe II ou o antigo convento de Sarandós. En xuño, o día 5, os maiores camiñarán 15 quilómetros pola ruta do río Gobia, de Cabanas ao encoro de Abegondo – Cecebre, e o día 25 percorrerán os 20 quilómetros do camiño Inglés desde a súa entrada por Beldoña até Vizoño.

En xullo, o programa incluirá unha ruta fose do municipio. Neste caso, camiñarán 8 quilómetros entre a praia de Barrañán e Arteixo.

O Concello disporá de autobuses polas parroquias para recoller a todos os participantes e levalos ao momento de partida da ruta, así como recollelos no punto de finalización da mesma. Para iso é necesario formalizar a inscrición con anterioridade, contactando co departamento de Servizos Sociais.

Ao final de cada travesía, o Concello proporá un momento de descanso entre os participantes e de repor forzas mediante un tentempié que se repartirá.

O goberno municipal aposta por ofertar propostas de cidadanía activa, coa que encaixan os maiores de Abegondo. Desta forma ademais ponse en valor sitios do municipio que gardan gran interese e riqueza ambiental e que son “idóneos” para acoller rutas como estas.

14 de maio de 2014 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.