publicidade hoxe

A Xunta e Concello de Cospeito estudan as melloras da nova Lei do solo para axilizar o PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoLocal Portada
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Cospeito

Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Cospeito

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha reunión co alcalde de Cospeito, Armando Castosa, para analizar os pasos que debe seguir a Administración local co fin de dispoñer a curto prazo dun instrumento de planeamento.

En concreto tratáronse as ferramentas que contempla a nova Lei do solo, con fin de que os concellos galegos, de menos de 5.000 habitantes que non teñen un planeamento adaptado, podan solicitar á Xunta a tramitación dun Plan Básico.

No encontro tívose en conta a especial situación urbanística desde concello da Terra Cha que se rexe por unhas Normas Subsidiarias de planeamento aprobadas definitivamente en 1997, e que non recollen a delimitación dos 292 asentamentos existentes no termo municipal que ten unha superficie de 148 km2.

Rivas Díaz sinalou a importancia de contar cun plan de ordenación adaptado á lei, xa que é a folla de ruta para o desenvolvemento ordenado e crecemento sustentable deste municipio.

Colaboración da Xunta e os concellos

Este encontro mantido entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cospeito atópase dentro dos traballos de colaboración que o Executivo autonómico ofrece aos concellos para que poidan contar cunha figura urbanística que ordene e protexa os seus territorios.

Dende a Consellería de Medio Ambiente non só se ofrece axuda, como asesoramento técnico; senón tamén se apoia o custo da redacción do plan xeral, polo que se estipula unha subvención de máis de 120.000 euros.

26 de maio de 2014 | 12:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.