publicidade hoxe

A UDC doa equipos informáticos ás entidades sociais do centro municipal asociativo de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

A Facultade de Informática da Universidade da Coruña, coa colaboración do Concello de Culleredo, doa 11 equipos informáticos completos e 3 impresoras multifunción ás 14 entidades que estrearon o pasado 28 de marzo as instalacións do novo Centro Municipal Asociativo de Culleredo.

Con esta donación, a universidade logra unha dobre finalidade. Por unha banda, reutilizar equipos informáticos para outros fins, xa que para o uso nos centros educativos quedábanse curtos. E doutra banda poder dar servizo a entidades de iniciativa social, prestadoras de servizos sociais, que teñen dificultades para acometer gastos de investimento pola crise.

Ademáis da donación, persoas voluntarias da OCV, oficina de cooperación e voluntariado da UDC, acometieron a preparación e instalación. As entidades beneficiarias foron: ACEGA, AEAL, AGAEFA, AGAXFRA, AFADIPS, ALCER, ALMA, ANHIDA, DISMACOR, MÉDICOS DO MUNDO, MESTURA, MUNDO COOPERANTE e TP GALICIA, entidades que mostraron a súa agradecimiento a iniciativa solidaria.

A concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, quere agradecer a implicación da UDC para mellorar as prestaciones do centro que foi acondicionado para o uso polas asociacións de carácter sociosanitario do municipio, de todos os ámbitos. Estímase que dan servizo a unhas 3.500 persoas.

Este centro alberga ás 14 entidades de maior actividade permanente en Culleredo. Componse de 4 salas para despachos, unha sala de xuntas, unha zona común, unha recepción e aseos. Ademais, todas poderán usar as instalacións da planta baixa, da Escada, onde hai gimnasio, cociña, sala de talleres e sala de reunións.

5 de maio de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.