publicidade hoxe

A reserva de biosfera analiza as posibilidades da comarca coa produción de cervexa e mazá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondo
A-
A+

A reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo apunta á cervexa e á mazá como producións de maior posibilidade de éxito para os emprendedores da comarca.

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo acollerá o vindeiro martes, 6 de maio, unha xornada sobre o emprendemento verde na reserva, analizando as posibilidades que ten o cultivo de lúpulo e mazá. Expertos dos campos institucional e empresarial, incluíndo a propia Estrella Galicia, participarán na xornada co obxectivo de estudar novos nichos de mercado, ao amparo do plan de xestión das Mariñas Coruñesas. Estrella Galicia presentará o seu Proxecto Maeloc, a través do seu xestor de proxectos de I+D+i, José Luis Olmedo.

Algún dos temas abordados será a produción de mazá de mesa e de sidra, o cultivo do lúpulo e a súa comercialización ou o cooperativismo no sector agrario. A reserva da biosfera aposta polo emprendemento verde como unha das grandes oportunidades de negocio na comarca. A xornada celebrarase en horario de 9.30 a 14.00 horas e a asistencia é totalmente gratuíta.

3 de maio de 2014 | 20:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.