publicidade hoxe

A obra de Xosé María Díaz Castro achégase á comunidade terapéutica de Proxecto Home Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVal do Dubra
A-
A+

A comunidade terapéutica de Proxecto Home tivo ocasión de afondar esta mañá na vida e na obra do escritor Xosé María Díaz Castro cun relatorio a cargo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, achegoulles aos membros da comunidade a figura e a traxectoria literaria do autor de ‘Nimbos’, homenaxeado este ano coas Letras Galegas, ao abeiro do programa educativo-terapéutico que desenvolve Proxecto Home Galicia.

No marco da visita institucional que realizou ao centro do Val do Dubra e acompañado polo presidente de Proxecto Home Galicia, Ramón González Crespo, o secretario xeral tivo ocasión de coñecer as instalacións, así como o programa educativo-terapéutico que se leva a cabo para promover o desenvolvemento persoal de persoas con algún tipo de adicción e conseguir a súa total rehabilitación e reinserción social.

O departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad tamén colaborou recentemente co Proxecto Home Galicia a través do seu apoio á VI Exposición Arte e Solidariedade, que se puido visitar ata o pasado mes de xaneiro no centro de Proxecto Home en Santiago de Compostela. A destacada acuarelista francesa Sylvie Lerat, radicada en Galicia, cedeu para a mostra 28 cadros co fin de que a cantidade obtida da súa venda se destinase integramente a reforzar o traballo que realiza o Proxecto Home nas catro provincias galegas.

27 de maio de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.