publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro regresa a Suíza para reforzar a súa presenza no sector especializado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorRibadavia
A-
A+

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, xunto cunha delegación de nove adegas da Denominación, realizaron entre onte e hoxe, sendas presentacións dos seus viños nas cidades de Basilea e Zürich dirixidas unicamente ao sector especializado deste país, no que se inclúen importadores, distribuidores, medios de comunicación, hostalería… Os eventos desenvolvéronse respectivamente no hotel Der Teufelhof Basel e no restaurante Metropol en horario de 16.00 a 20.00 horas.

As adegas que acompañaron ao Consello Regulador para presentar os viños da nova anada ante os prescriptores son Bodega Alanís, Bodegas Campante, Bodegas Docampo, Casal de Armán, Coto de Gomariz, Eduardo Peña, Pazo de Vieite, Terra do Castelo, Viña Costeira. A maiores da presentación, unha marca de cada adega foi incluída en dous seminarios que versaban sobre a Treixadura e as súas mesturas, realizados en cada unha das cidades, onde o xornalista especializado, profesor e formador de sumilleres, David Schwarzwälder levou a cabo unha cata comentada de cada un dos viños, para que os asistentes suízos puideran entender máis claramente as excepcionais características dos viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Así mesmo, se realizou unha cata vertical para amosar o potencial de maduración das variedades autóctonas do Ribeiro con viños do 2009 e 2011 e unha breve presentación do viño tinto e tostado da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

Esta rolda de presentacións continúa coa aposta polo mercado suízo, que dende o ano pasado recolle parte dos esforzos realizados tanto polo Consello Regulador como das adegas do Ribeiro e, deste xeito, xa se realizaron seminarios nas principais escolas de hostalería e sumillería de Suiza e se participou cunha tasting table dirixida a importadores do país en el Día del Vino, celebrado en Zürich o pasado mes de febreiro.

27 de maio de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.