publicidade hoxe

A ANPA de Trazo inicia o calendario de mobilizacións para reclamar un horario xusto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTrazo
A-
A+

A ANPA de Trazo iniciou hoxe o calendario de mobilizacións para reclamar un horario xusto para os seus fillos. Levan 35 anos co mesmo horario e nese tempo o mundo evolucionou, polo que cren xusto que o seu horario tamén cambie.

O CPI Viaño Pequeno de Trazo é un dos poucos centros de Galicia con este horario: de 10.30 a 17.30 horas. Esto significa que os nenos marchan das súas casas ás 9.45 horas da mañá e como moi cedo regresan ás 18.15. horas. Iso contando que tamén teñen dereito a ir as actividades. Se van a alguna, entón, xa non chegan á casa antes das 20.30 horas.

Con este horario os nenos de 3 anos quedan durmidos no colexio e os maiores non teñen nin tempo para estudar ou facer os deberes nas súas casas, eso sin contar que queiran facer algunha outra actividade fóra do centro escolar, algo ao que non poden acceder pola falta de tempo. A ANPA non reclama nada imposible, simplemente un horario máis xusto e non máis promesas incumplidas. Os 197 nenos do CEIP de Trazo, tamén teñen dereito a ter un horario máis xusto.

Mañá volverán concentrarse diante das portas do colexio ás 11.00 horas e posteriormente, ás 12.00 repartirán folletos informativos diante da sede da Consellería de Educación en Santiago de Compostela.

19 de maio de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.