publicidade hoxe

Xornadas de formación no sector gandeiro de ovino e cabrún en Carballedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedo
A-
A+

O vindeiro sábado día 12 de Abril terán lugar as 3ª XORNADAS DE FORMACIÓN no sector gandeiro de ovino e cabrún que a Cooperativa Vélaro Soc. Coop. Galega organiza no salón de actos do concello de Carballedo, ubicado na Praza Victor Portomeñe, s/n. (A Barrela). Lugo 

Están orientada cara os gandeiros e o público en xeral, sendo a entrada aberta ao público e gratuíta, sendo únicamente necesaria a confirmación da asistencia nos números de teléfono 687 – 77 80 13 ou 669 – 12 89 46.

As xornadas darán inicio ás 10:00 h. da mañá e finalizarán sobre as 14:00 h da tarde, momento no que teremos un xantar na parrilada O Berrello, situada a 100 metros do edificio do Concello, na Avenida de Ourense, 17. Carballedo. O menú consta de dous pratos: callos (especialidade da casa) e churrasco mixto, con postre e café (15 €). É necesario facer reserva previa chamando aos números de teléfono anteriores.

10:00 h. INAUGURACIÓN DAS XORNADAS
Dna. María Araceli Pillado Salgado
Presidenta de Vélaro Sociedade Cooperativa Galega e OVICA.

10:30 – 11:30 h.
“A Gandería Ecolóxica dentro do sector ovino e cabrún en Galicia.” 
D. Javier García Lozano. Secretario do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia). 

11:30 – 12:30 h.
“Programación, manexo e concentración de partos en rabaños de gando ovino.” 
D. Xabier Cortizo. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM – Ingacal. Consellería do Medio Rural e do Mar). Xunta de Galicia.

12:30 – 13:30 h.
“Perspectivas para a PAC no período 2015-2020: Implicacións no sector ovino e cabrún.”
D. Fernando López López. Xefe do FOGGA en Lugo. Consellería do Medio Rural e do Mar. Xunta de Galicia.

8 de abril de 2014 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.