publicidade hoxe

Vimianzo celebra o Día Internacional do Libro Infantil cun espectáculo para os máis cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

O Concello de Vimianzo festexa o Día internacional do libro infantil e xuvenil cun espectáculo de animación na Biblioteca municipal dirixido aos nenos e nenas máis pequenos. O mércores día 2 de abril ás 11 horas, os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal Os Vimanziños e, ás 12 horas, os alumnos e alumnas de 1º de infantil do Ceip San Vicenzo de Vimianzo,  gozarán do espectáculo de animación con Nita “ A ciencia é divertida”. Con esta actividade comeza a programación de animación á lectura que cintará con diferentes espectáculos de animación, contacontos, teatro infantil, obradoiros, etc. dirixidos aos alumnos e alumnas dos centros de ensino do concello

O mes de abril continuará con actividades para os máis pequenos, deste xeito na Semana Santa –luns 14, martes 15 e mércores 16 – haberá Obradoiros de Pascua na Casa da Cultura polas tardes e o martes 15 haberá tamén unha sesión de Contos de Pascua. As persoas interesadas en participar nestes obradoiros deberán inscribirse na Casa da Cultura ata o venres 11 de abril.

1 de abril de 2014 | 09:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.