publicidade hoxe

Vilaboa acolle unha nova edición do tradicional Festival dos Maios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilaboa
A-
A+

O Concello de Vilaboa acolle o tradicional Festival dos Maios o vindeiro xoves 1 de maio. O Festival será a partir das 17.30h na Casa de Montes de Santa Cristina de Cobres. Este festival está organizado pola Asoc. Cultural O Barqueiro e o Concello de Vilaboa e a colaboración de outras asociacións do concello.

O concurso de maios conta con tres premios para os maios que o xurado considere que son os tres mellores: 

1º premio – 120€

2º premio – 60€

3º premio – 30€

Ademais da actuación dos maios participantes, os asistentes, tamén poderán desfrutar da representación “Preséntame un pallaso”, de Barafunda Teatro. Unha obra de clown na que os máis pequenos e tamén os maiores poderán descubrir a figura do pallaso a través do seu proceso de transformación.

28 de abril de 2014 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.