publicidade hoxe

Viéitez e Figueiras proclamáronse en Combarro campións de España de vela clase internacional Vaurien

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPoio
A-
A+
Entrega dos trofeos aos campións absolutos

Entrega dos trofeos aos campións absolutos

Unha última proba serviu de colofón e emoción na xornada final do 51º CAMPIONATO DE ESPAÑA DA CLASE INTERNACIONAL VAURIEN que se veu celebrando na localidade pontevedresa de Combarro durante esta semana santa e que foi brillantemente organizado polo RO Yachts Club, Mariña Porto Deportivo de Combarro, a Real Federación Española de Vela e a Asociación española da Clase Internacional Vaurien e o Concello de Poio, patrocinando IMPLANT DIRECT IBERIA, A CAIXA e DROGUERIA MODERNA, así como a colaboración de ASTEC, SERVINAUTA, GASTECO, FROIZ, FROITAS SOL, VEAS PIRES DE LIMA, TINTA NEGRA E DIARIO DE PONTEVEDRA, correndo a organización técnica a cargo da firma organizadora de eventos náuticos, Desmarque SL.

Incerteza até o último momento para a obtención do título, xa que a única proba que se puido celebrar implicaba tamén un novo descarte nas probas particulares de cada un, co cal a xeral se apertaría aínda máis. Inclusive unha reclamación do terceiro contra o primeiro puña máis emoción aínda, pero o xurado de protestas desestimouna finalmente e os vigueses Andrés Vieitez e Kevin Figueiras puideron proclamarse brillantes vencedores deste Campionato de forma absoluta.

A única proba celebrada nesta última xornada fíxose case ao límite da hora tope para facelo, cun vento do Suroeste con 8 nós de intensidade media. Sensacional triunfo parcial das mozas do AUREN, Alejandra Suárez e Helena Pérez (RCN Vigo), seguidas dos xuvenís Tirso Cerqueira e Mario Pérez (CM Canido) e os absolutos Andres Vieitez e kevin Figueiras (RCN Vigo). Curiosamente este tres tripulacións quedaron logo campioas nacionais das súas respectivas categorías.

Tras refugarse as dúas peores puntuacións parciais de cada un, finalmente a clasificación xeral dos primeiros quedou así,

1º) Andres Vieitez/Kevin Figueiras (RCN Vigo-ESP) (1-5-2-1-1-35-4-9-3), 17 puntos (Campións de España Absolutos)

2º) Francesco Zampacavallo/Carlos Francés (CN San Vincenzo-ITA) (2-1-1-35-5-3-5-1-4), 18 puntos (1er. Clasificado Master)

3º) Tirso Cerqueira/Mario Pérez (CM Canido-RCN Vigo) (4-7-10-3-4-1-1-8-2), 22 puntos (Campión de España Xuvenil)

4º) Alejandra Suarez/Helena Pérez (RCN Vigo) (5-4-4-4-11-4-3-4-1), 25 puntos (1ª Muller Absoluta)

5º) Rubén Cristos/Ana Santirso (RCN Vigo) (13-3-9-2-2-2-11-10-5), 33 puntos

6º) Antonio Pérez/Jacobo Pérez (RCN Vigo) (10-6-5-9-3-8-2-3-11),  36 puntos

7º) Patricia Suarez/Pilar Amaro (RCN Vigo) (7-8-14-5-6-5-6-12-6), 43 puntos (2ª Muller Absoluta)

8º) Pablo Cabelo/Javier Lago (RCN Vigo) (9-10-3-8-8-6-9-6-18), 49 puntos

9º) Nicolás Miñones/Vitoria Peralba (RCN Vigo) (11-9-13-10-9-12-10-2-7), 58 puntos

10º) Paula Glez. /Miriam Glez. (RO Yacts Club) (6-12-17-7-7-7-16-14-25), 69 puntos (1ª Xuvenil Feminina)

De tripulacións non galegas, que eran maioría, ademais dos italianos que foron segundos, en 12ª posición Alejandro Glez./Jose Zapiain (RCN Vigo-CN Hondarribia) e 13º) Alain Arri e Iñaki Aranaga tamén de Hondarribia; en 15ª os estremeños José Fernández e Kike Reyes(este por certo, levou o premio á deportividade); en 18ª posición Raul García e Elena Martínez do Bierzo; en 21ª, Angel e Manuel Ponte de León; e en 28ª) Rafael e Manuel García Iturri de Santoña, por citar os mellor clasificados.

A animada entrega de premios tivo lugar na propia tarde do domingo, coa presenza da edil de deportes do Concello de Poio, Margarita Caldas; o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; Manuel Cameans, administrador do Porto de Combarro, Angel Ponte, Secretario Nacional de Vaurien, entre outros.

20 de abril de 2014 | 22:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.