publicidade hoxe

Uns 40 cativos participaron nun obradoiro de elaboración de pulseiras de goma elásticas en Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Obradoiro de pulseiras de goma en Frades

Obradoiro de pulseiras de goma en Frades

Un total de corenta nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos de idade, participaron nun obradoiro gratuíto de elaboración de pulseiras organizado polo Concello de Frades. Trátase do segundo e último obradoiro convocado durante esta Semana Santa polo Concello de Frades para ofrecerlles ás familias do municipio unha actividade coa que ocupar o tempo dos pequenos nas vacacións escolares.

Nesta ocasión, os cativos aprenderon a elaborar esas pulseiras de goma elásticas que se atopan tan de moda nestes momentos. Tras explicarlles o procedemento básico e o manexo das pinzas para a súa elaboración, e coa axuda dos seus pais e nais, os pequenos deron renda solta á súa creatividade. Unha afición que poderán continuar sen problemas nas súas casas, pois os materiais son do máis económico.

16 de abril de 2014 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.