publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller resulta ferida despois de quedar coa cabeza atrapada nunha máquina elevadora en Foz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFozPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller resultou ferida este luns ao quedarlle atrapada a cabeza nunha máquina elevadora cando limpaba os cristais nun colexio no municipio de Foz (Lugo).

Segundo informou o 112, os feitos sucederon sobre as 10,15 horas na rúa Colexio do Pilar, en Foz, cando a muller limpaba os cristais dun centro escolar.

Un particular alertou ao 112 Galicia que, ademais dos efectivos do parque comarcal de bombeiros, solicitou a intervención da Policía Local, GES de Cervo, Protección Civil e Urxencias Sanitarias. Precisamente, foron os Bombeiros de Barreiros os que liberaron á muller.

Ao lugar, segundo indicaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada que trasladou á muller ferida, M.A.R.L., de 62 anos de idade, ao Hospital da Costa.

14 de abril de 2014 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.