publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller falece en Rairiz de Veiga tras caerlle encima unha pedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRairiz de VeigaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller faleceu este xoves tras caerlle encima unha pedra de grandes dimensións en Rairiz de Veiga (Ourense), segundo informaron fontes do 112, que indicaron que a Garda Civil investiga as circunstancias nas que se produciu o suceso.

Un particular alertou ás 18,40 horas ao 112 de que unha pedra caera sobre unha muller na parroquia de Congostro. Ao lugar desprazáronse membros de urxencias médicas e a Garda Civil.

Por outra banda, o helicóptero medicalizado con base en Santiago foi mobilizado a Fisterra para atender a unha persoa que resultou ferida ao ser golpeada por unha vaca despois das 19,00 horas.

24 de abril de 2014 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.