publicidade hoxe

Unha empresa de capital galego crea a primeira asesoría integral ‘100% on line’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesLocal Portada
A-
A+
Santiago Mariño

Santiago Mariño

UNO ASESORES é unha empresa de capital integramente galego que acaba de crear a primeira asesoría 100 % en liña na que se encarga da totalidade de trámites aumentando día a día as súas prestacións co obxectivo de facilitar a sociedade da información para que todo o mundo poida realizar a totalidade de trámites sen saír da súa localización.

UNO ASESORES conta con Santiago Mariño González como director xerente que explica algunhas das prestacións da innovadora empresa como é a posibilidade de crear a túa propia empresa sen saír de  casa, a alta de autónomos, realización e presentación de todas as declaracións, a xestión integral da empresa ou o cambio de asesoría, Santiago Mariño sinala que non se trata da páxina web dunha asesoría tradicional, polo que está enfocada a un funcionamento 100% en liña.

Como exemplos de axilidade en trámites, o alta de autónomos realízase en 24 horas e a creación dunha sociedade en 72 horas, dispondo o cliente de copia de toda a documentación en liña con acceso a todos os seus datos a través dun disco duro virtual individual, enviando copia de todos os impostos presentados, libros e balances ao cliente.

UNO ASESORES é unha gran e innovadora aposta galega de ámbito nacional que resolve todos os problemas ás empresas a golpe dun click en www.unoasesores.es.

SANTIAGO MARIÑO GONZÁLEZ

Naceu en 1976 nas Neves (Pontevedra), esta licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela,  Colexiado no Colexio de Avogados de Vigo e ten máis de 12 anos de experiencia na Asesoría de empresas e na xestión de proxectos de investimento. Ocupación que compaxina coa administración de varias sociedades, é tamén Presidente da Asociación de Novos Empresarios e Emprendedores de Galicia (ASEGA).

24 de abril de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.