publicidade hoxe

Un veciño de Moaña foi detido como suposto autor de dous roubos con forza en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a E.L.G., de 41 anos de idade e veciño de Moaña,  como suposto autor de dous delitos de roubo con forza en dous vehículos que estaban estacionados no interior de senllos garaxes anexos ás súas respectivas vivendas de Cangas.

Na tarde de onte, día 15, tívose coñecemento de que un veciño de Cangas sorprendeu no interior do seu vehículo a unha persoa a cal ao verse descuberta deuse á fuga subtraendo varios efectos.

O vehículo estaba estacionado nun garaxe anexo á vivenda no interior dunha leira que consta dun muro de peche duns dous metros de altura polo que accedeu o suposto delincuente.

Na mañá de hoxe, froito das investigacións que viñan realizando os compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cangas, procedeuse á detención do suposto autor dos feitos relatados.

Continuando coas investigacións imputóuselle, tamén, outro delito similar e co mesmo “modus operandi” noutra vivenda da citada localidade  realizado o pasado día 14 do actual, tras serlle ocupados os efectos subtraídos na referida casa.

O detido, que conta con amplos antecedentes policiais, quedou en libertada coa obrigación de presentarse ante o Xulgado de Instrución número TRES  de Cangas cando para iso sexa requirido.

16 de abril de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.