publicidade hoxe

Un tren de mercadorías descarrila en Arcade e obriga a trasladar a 140 viaxeiros de Renfe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraSoutomaiorSucesos
A-
A+
Europa Press

O descarrilamento dun tren de mercadorías da empresa Comsa na birfurcación de Arcade da liña Redondela-Pontevedra obrigou a trasladar por estrada uns 140 viaxeiros de Renfe que circulaban en dous ferrocarrís que facían o traxecto Vigo-A Coruña e A Coruña-Vigo.

Fontes da operadora ferroviaria informaron de que no accidente, que se produciu ás 18,15 horas deste martes, ningunha persoa resultou ferida pero “é previsible” que haxa máis viaxeiros afectados posto que o restablecemento da circulación non será posible ata que se retire a mercadoría da vía.

Renfe prevé trasladar os pasaxeiros por estrada e tamén mediante trasbordos e recolocacións noutros trens segundo apuntan as mesmas fontes. Polo momento descoñécese a hora en que se recuperará a normalidade na circulación.

15 de abril de 2014 | 22:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.