publicidade hoxe

Un total de 19 veciños de Frades realizan un curso de cociña de 24 horas lectivas en Ponte Carreira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Curso de cociña en Frades

Curso de cociña en Frades

Un total de 19 veciños e veciñas asistiron ao curso de cociña organizado polo Concello de Frades durante os meses de febreiro e marzo no local social de Ponte Carreira. Uns alumnos que recolleron os seus diplomas acreditativos de mans do alcalde de Frades, Roberto Rey, e que celebraron o fin do curso cunha degustación de pinchos variados elaborados por eles mesmos durante a última clase.

Este curso de cociña realizouse ao longo de 24 horas durante as cales os alumnos e alumnas aprenderon tanto conceptos teóricos (nocións básicas de manipulación de alimentos, de dietética e de nutrición) como principios básicos de cociña e de repostería. Así, os veciños e veciñas de Frades aprenderon a elaborar pratos de carnes e aves, con peixes e mariscos, e con verduras e hortalizas; ao tempo que se introduciron na elaboración de doces tradicionais.

2 de abril de 2014 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.