publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home é imputado como presunto autor dun incendio forestal no municipio pontevedrés de Covelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoveloLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

No que vai de ano, un total de 21 persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.

Axentes da Xefatura Local da Policía Autonómica en Vigo informan da imputación do presunto autor dun incendio forestal en Covelo, en Pontevedra, no que arderon 12.000 metros cadrados de monte.

O lume que se lle imputa tivo lugar o pasado mércores, 9 de abril, na parroquia de Casteláns e orixinouse por una neglixencia na realización dunha queima de restos agrícolas na que non se adoptaron as medidas de seguridade preceptivas. As lapas afectaron 11.000 metros cadrados de monte raso e 1.000 máis de arborado.

As dilixencias deste caso remitíronse ao Xulgado de Instrución nº2 de Ponteareas. No que vai de ano, un total de 21 persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.O p

12 de abril de 2014 | 11:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.