publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un accidente no municipio lucense de Carballedo sáldase con dous falecidos e tres feridos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un home de 76 anos e unha muller de 74 faleceron e outras tres persoas resultaron feridas este sábado nun accidente de tráfico acontecido na parroquia de Lousada, situada o municipio lucense de Carballedo.

   Segundo explicaron fontes dos bombeiros de Chantada, o sinistro aconteceu ás 14.45 horas cando un turismo no que viaxaban catro persoas e un todoterreno, no que solo viaxaba o condutor, colisionaron frontalmente no lugar de A Barrela.

   Debido ao impacto resultaron falecidos dous ocupantes do turismo, mentres que os outros dous ocupantes deste –un home e unha muller de 62 e 61 anos– resultaron feridos, ao igual que o condutor do todoterreno, un varón de 33 anos.

   Ao lugar desprazáronse os bombeiros de Chantada, Protección Civil, o helicóptero H4, os medios de mantemento de estradas e un equipo de psicólogos, tal e como explicaron a Europa Press fontes do 112.

   Os feridos foron trasladados polos servizos de Urxencias Médicas 061 ao Hospital Nosa Señora do Cristal para recibir atención médica, explicou fontes sanitarias.

13 de abril de 2014 | 03:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.