publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Transfírese a prol do Concello de Negreira un treito da estrada AC-444 que cubre o tramo Negreira-Ponte Faílde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaLocal PortadaNegreira
A-
A+

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe o cambio de titularidade dun resto antigo da estrada AC-444 (Negreira – Ponte Faílde) a prol do Concello de Negreira.

A solicitude do cambio de titularidade, realizada polo Concello, inclúe o treito localizado na avenida das Brañas, entre os puntos quilométricos 0+000 e o 0+570.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas considera axeitado este cambio de titularidade, dado que os máis de 500 metros transferidos adquiren características plenamente urbanas pola súa localización e tratamento.

Con esta aprobación o Concello de Negreira deberá asumir todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do trazado a partir da formalización de entrega, que terá lugar no prazo dos dous meses seguintes á publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Cambio de titularidade de estradas de Galicia

Os cambios de titularidade das estradas están regulados na Lei de estradas de Galicia. De acordo con esta norma os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade.

Ademais, a Lei de estradas de Galicia alega que as entidades locais dentro das súas competencias aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

Cumprindo o exposto o Concello de Negreira deberá modificar o seu Catálogo de estradas para incluír o treito da AC-444.

16 de abril de 2014 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.