publicidade hoxe

Técnicos provinciais melloran a vía máis extensa da Deputación en Begonte con 130 quilómetros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonteLugo
A-
A+

A Deputación traballa na LU-P-1611 ó seu paso por Begonte co plan pioneiro de mellora de estradas. Trátase da programación co que a institución está a acondicionar a totalidade da rede viaria provincial con medios do Parque Móbil. É unha nova fórmula de recuperación e defensa do público, que permite reducir custes. Deste xeito, coas melloras que os técnicos provinciais executan en dita estrada, que é a máis extensa que ten o organismo provincial, pois conta con 130 quilómetros, afórranse 300.000 euros.

Os 130 quilómetros da LU-P-161, coñecida como o cinturón comarcal, discorren por 11 municipios: Begonte, O Corgo, Páramo, Guntín, Friol, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Castroverde, Lugo e Outeiro de Rei.

Os preto de 30 operarios e 25 máquinas que se encargan da execución deste plan traballan agora no cinturón comarcal, en Xove e na Pobra do Brollón. Rematadas as actuacións en ditos 13 Concellos, o operativo proseguirá co plan ata actuar nos 67 Concellos polos que atravesan os 4.200 quilómetros da rede viaria provincial, a máis extensa de España. O prazo de execución desta programación é de 11 meses.

3 de abril de 2014 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.