publicidade hoxe

Sober colabora cunha actividade informativa sobre as revisións xinecolóxicas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober colabora coa iniciativa posta en marcha polo Servizo de Xinecoloxía do Hospital Comarcal de Monforte que ten por fin informar ás mulleres da Comarca sobre as revisións xinecolóxicas. En concreto, levarase a cabo unha charla la que se lles darán consellos ás mulleres sobre cando facelas e por qué.

Con este obxectivo, a xefa do servizo de Xinecoloxía do Hospital Comarcal, Ana Casal, impartirá o relatorio o martes 29 de abril ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural de Sober.

O Concello de Sober convida a todas as mulleres da localidade a participar nesta actividade que pretende contribuír na prevención de enfermidades e doenzas relacionadas coas xinecoloxía.

26 de abril de 2014 | 20:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.