publicidade hoxe

Seur e o Círculo de Novos Empresarios de Ourense asinan un convenio de colaboración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Sinatura do convenio entre CJE e Seur

Sinatura do convenio entre CJE e Seur

Esta mañá rubricaban o acordo o xerente de Seur, Julio López Carreiras, e o presidente do Círculo de Novos Empresarios, Lois Babarro Alén, nas instalacións que a empresa de mensaxería ten na Zona Industrial Seixalvo.

Outra das vantaxes para os emprendedores, asociada á firma deste convenio, é que organizarán ‘Almorzos de Negocios’ financiados pola empresa de loxística. Desta forma, Seur quere colaborar co colectivo de novos empresarios da provincia e a súa promoción. Desde finais deste mes os membros do Círculo de Novos Empresarios poderán participar en almorzos nos que contarán con personalidades da provincia en distintos ámbitos (política, empresa, economía, universidade…) para poder intercambiar impresións, trasladarlles as súas inquietudes ou aprender das súas experiencias.

Estes encontros desenvolveranse no Tragaluz, á beira da catedral, e terán lugar un venres de cada mes. A primeira convocatoria será o próximo 25 de abril, e reuniranse co conselleiro de Educación e Cultura Jesús Vázquez Abad.

Doutra banda, o acordo asinado esta mañá ofrece aos novos empresarios unhas tarifas vantaxosas e preferentes nos envíos de paquetería ou calquera servizo ofrecido por Seur, empresa que ademais se compromete a personalizar estas tarifas segundo o volume ou a periodicidade dos envíos que realicen os asociados ao Círculo.

Seur, con máis de 1000 puntos na península e unha posición líder en España e Portugal, aposta desta maneira polos novos empresarios, colectivo que na provincia de Ourense conta con algo máis de 50 membros nesta asociación.

15 de abril de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.