publicidade hoxe

Santiago Futsal, 142 xornadas consecutivas entre os oito primeiros

Cando o técnico Santi Valladares asumiu a dirección do primeiro equipo e naceu o novo Santiago Futsal, ninguén esperaba que un equipo renovado, novo e con moita menos experiencia que anos atrás, continuase loitando entre os mellores. A día de hoxe, o Santiago Futsal mantense entre os oito primeiros sen baixar da oitava posición desde a terceira xornada de liga da tempada 2009/2010, un total de 142 xornadas consecutivas, 35 desde a chegada de Santi Valladares, plantándose entre os oito mellores da liga regular.

A falta dunha xornada para terminar esta tempada 2013/2014, o Santiago Futsal é oitavo con 37 puntos, empatado a puntos co noveno e a tan só 2 da sexta posición. Depende de si mesmo para estar un ano máis na loita por título tras facelo en oito ocasións das dez tempadas en Primeira División. Só faltou a esta cita na súa primeira tempada en División de Honra e no ano da Recopa (2006/2007).

Este venres xógaa ante a súa gran besta negra, Elpozo Murcia, ás 21h no Multiusos Fontes do Sar. As estatísticas non están do seu parte, pero este Santiago Futsal non baixará os brazos e darao todo para estar un ano máis entre os mellores.  

22 de abril de 2014 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.