publicidade hoxe

Ruta de sendeirismo en Pantón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantón
A-
A+

A Omix de Pantón organiza unha ruta de senderismo que percorrerá Segade, Igrexa de Atán, Reiriz, Seoane, Augacaída e Castro de Marce.

A andaina terá lugar o sábado 19 de abril e conta cun percorrido aproximado de 10 quilómetros. De dificultade media-baixa terá saída da Praza do Concello de Ferreira en coches particulares ás 9.30 h. A comida será opcional no Mesón Os Castros (anotación previa no mesón ou no teléfono 982 45 66 79. Prezo do xantar 10 euros.

3 de abril de 2014 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.