publicidade hoxe

Rogelio Martínez comproba os cursos de formación para o emprego do CIFP Santa María de Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Rogelio Martínez na visita ao Ceip Santa María de Europa

Rogelio Martínez na visita ao Ceip Santa María de Europa

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, acudiu esta mañá ao centro integrado de Formación Profesional “Santa María de Europa” onde na actualidade se están celebrando sete cursos de certificado de profesionalidade.

En total, son 105 persoas as que participan nestes cursos formándose nas especialidades de Operacións de fontanería e calefacción climatización doméstica, Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, Actividades auxiliares en floraría, Operacións auxiliares e Deseño de produtos de fabricación mecánica, Traballos de carpintería e moble e Docencia de formación profesional para o emprego. Os alumnos e alumnas destes cursos terán que asistir a unhas horas de formación, que oscilan entre as 300 que cursarán os de Traballos de carpintería e moble e as 680 horas que terán que completar os que optasen polo Deseño de produtos de fabricación mecánica.

Segundo destacou Rogelio Martínez, o obxectivo prioritario destes cursos é “a formación para o emprego dos participantes”. Unha vez que rematen os cursos recibirán unha cualificación e certificación suficiente para a integración no mercado de traballo e con validez en todo o territorio nacional.

Neste centro están programados para o seu desenvolvemento durante o presente curso outros 21 cursos que ofertan variadas materias que van desde a elaboración da pedra natural, pasando polos servizos de bar e cafetería ou a montaxe e mantemento de instalacións solares, ata a xestión de chamadas de teleasistencia.

Centro Valverde (Allariz)

Por outra banda, para o 2014 programáronse no centro allaricense Valverde, extensión do CIFP “Santa María de Europa”, un total de nove cursos de formación para o emprego que beneficiarán a 135 alumnos e alumnas. Actualmente xa se está impartindo un curso dirixido a 15 alumnos que ofrece formación sobre Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería.

16 de abril de 2014 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.