publicidade hoxe

Publícase o decreto de ocupación para unha senda peonil entre Ponteceso e a parroquia de Anllóns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPonteceso
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola construción dunha senda peonil na estrada AC-423 (Grilloi-Ponteceso), ao seu paso polo Concello de Ponteceso.

A necesidade desta actuación xorde do aumento da circulación de peóns e a unha maior densidade de edificacións, o que obriga a incrementar a seguridade viaria da estrada autonómica, en concreto no treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+580 e o 13+970. A expropiación de bens afecta arredor de 2.000 metros cadrados de terreos, case todos asentados en solo rústico.

Contido das obras

A senda peonil da AC-423 construirase na marxe dereita desta estrada, no treito que discorre pola parroquia de Anllóns e acaba á entrada da localidade de Ponteceso.

Os traballos terán unha duración de 4 meses e consisten en ampliar a plataforma da estrada para dispoñer a senda peonil; así como a execución de elementos de drenaxe, limpeza e sinalización. Ademais, entre os puntos quilométricos 13+680 e o 13+840, debido ao asolagamento do terreo sobre todo no inverno, construirase unha pasarela de madeira de 2 metros de largo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destinará para esta actuación máis de 300.000 euros, dos cales preto de 45.000 euros están destinados ás correspondentes expropiacións.

24 de abril de 2014 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.