publicidade hoxe

Permanece activo un incendio forestal rexistrado no concello coruñés da Capela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CapelaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa dun incendio forestal activo arestora, no municipio coruñés da Capela, na parroquia homónima.

O lume iniciouse ás 05:00 horas desta madrugada e segundo as primeiras estimacións provisionais a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas.

Nos traballos de control deste incendio participan 4 axentes forestais, 7 brigadas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

14 de abril de 2014 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.