publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Paderne inicia unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPaderne
A-
A+

O Concello de Paderne, sempre comprometido co medio ambiente e preocupado pola súa conservación, leva adoptando desde fai varios anos medidas de concienciación e loita polo bo uso, reciclaxe e separación dos residuos co fin de coidar entre todos o medio ambiente.

Con este obxectivo sempre no punto de mira e, porque coidado do patrimonio natural é cousa de todos, vai a dedicar o vindeiro día 9 de abril a concienciar a tódalas persoas do municipio na importancia deste tema.

Así, realizaremos unha “Campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe”, promovida pola Consellería de Medio Ambiente xunto con SOGAMA, Ecoembes, Ecopilas, ERP e ECOLEC.

Un camión, adaptado como aula móbil, desprazarase ata Paderne situándose ó carón da Casa do Concello desde as 10:00 da mañá ata as 14:00 horas. Nel, uns monitores darán información ó público sobre calquera tema relacionado coa reciclaxe incidindo nas diferencias entre os distintos tipos de residuos e os contedores nos que deben depositarse.

Na xornada de tarde, ás 19:30 horas, o salón do Centro de Maiores será no que se desenvolverá unha amena charla sobre o tema. Ó remate cada un dos asistentes contará cun pequeno agasallo relacionado co tema. Os interesados en asistir poden chamar por teléfono ás oficinas municipais ata o día 8.

4 de abril de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.