publicidade hoxe

Os xóvenes de Val do Dubra comprométense co voluntariado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+
Voluntarios do Val do Dubra

Voluntarios do Val do Dubra

O subdirector de Voluntariado, Alberto Otero, entregou hoxe na sede do Concello de Val do Dubra, en Bembibre, aos rapaces e rapazas do Concello o diploma que certifica que durante 2013 participaron no programa de Voluntariado Xuvenil. Tamén estivo presente o alcalde do Concello, Ramón Varela e a concelleira Susana Iglesias. Os oito rapaces e rapazas recolleron o seu diploma que acredita a participación nas actividades solidarias organizadas polo Concello de Val do Dubra. Estiveron presentes o voluntarios que tentarán participar no programa do 2014 do Servizo de Voluntariado Xuvenil.

Alberto Otero agradeceu a participación dos xóvenes de Val do Dubra e destacou o compromiso dos máis xovenes coa acción voluntaria. Dos 2.000 voluntarios inscritos nos programas executados ou subvencionados directamente pola dirección xeral de Xuventude e Voluntariado no pasado ano, máis dun 74% foron mozos e mozas menores de 30 anos.

Pola súa banda, o alcalde de Val do Dubra destacou que o voluntariado dos xóvenes de Val do Dubra beneficia a todo o Concello. E comprometeuse a apoiar aos xóvenes que queiran participar en accións de voluntariado. “E unha acción de gran utilidade para a comunidade”, destacou Ramón Varela, que animou aos xóvenes a seguir participando nestes programas.

O Servizo de Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia é o primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade a través de incorporación como voluntarios dos mozos e mozas de entre 16 e 30 anos nos proxectos solidarios das entidades e concellos. A Lei Galega de Acción Voluntaria de 2011, aprobada por unanimidade, fai que os participantes reciban unha certificación oficial da experiencia adquirida.

Nos tres anos que leva en marcha este programa, participaron un total de 1.033 mozos e mozas en 202 proxectos de entidades e concellos, que executaron un total de 50.149 xornadas de acción voluntaria, con investimento de 675.000 euros.

21 de abril de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.