publicidade hoxe

Os Vilares retoma a rodaxe coincidindo coas festas da Pascua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O proxecto de Os Vilares, lareira de soños, retoma o traballo esta semana coincidindo coas festas da Pascua na que volta a rodaxe, e unha presentación-adianto do proxecto á parroquia o día 20 na sesión bermú coa recén premiada nos Mestre Mateo como mellor actriz de reparto Isabel Risco que conxuntamente coa moza vilarega María Teijido, falarán aos presentes do noso proxecto.

O equipo de rodaxe estará traballando estes días recollendo imaxes e máis entrevistas ademáis de gravar a festa máis popular e populosa da parroquia.

Isabel Risco, foi galardoada a pasada fin de semana co premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto pola serie de televisión “Era Visto!” e participou en outras moitas series de TV, filmes e teatro. Ademáis é socia dunha das empresas colaboradoras do proxecto (dalleQlibras).

Outra das empresas que nos apoian (Pixel Films) resultou gañadora do premio Mestre Mateo á mellor curta de ficción, da que é productora (3-1=0) e na que traballa outeo guitirico de actor principal, Xosé Barato.

Estamos pois, de noraboa e apoiados por ‎persoas e empresas que demostran a diario a súa profesionalidade e éxito, do que nós nos sentimos orgullosos e agradecidos como si fora propio.

Moito do éxito do proxecto haberá que agradecerllo a empresas e institucións que confiaron en nós, ben economicamente, ben con aporte de material ou con apoio de producción nas distintas fases deste traballo.

Agradecemos tamén á Comisión de Festas da Pascua, nos Vilares por ofrecernos a posibilidade de presentar o noso traballo a toda a parroquia no día grande das festas.

Cibrán Tenreiro co documentario, e Pastora Veres coa publicación siguen traballando con este proxecto para telo rematado á volta do verán e ser apresentados de cara ao outono.

15 de abril de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.