publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os resultados das análises do xeorradar na procura do cidadán holandés desaparecido en Petín son negativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA RúaPetínPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os resultados das análises recolleitas con xeorradar no marco da procura do cidadán holandés Martin Verfondern, desaparecido en xaneiro de 2010 en Petín, no municipio ourensán da Rúa, deron negativos.

Segundo explicaron fontes da investigación, remitíronse a Madrid os datos de temperaturas solicitados polo xeorradar fai un par de semanas nun encoro e nunha zona de monte de Petín para tratar de localizar o vehículo do cidadán holandés desaparecido.

En concreto, unha lancha da Garda Civil co xeorradar percorrera un encoro en Petín e un helicóptero unha zona de monte na que se obtivo unha serie de datos, que foron analizados en Madrid unha vez descargados do dispositivo.

Os resultados negativos obtidos levan a concluír aos investigadores que o vehículo do desaparecido “non estaría” nesa zona rastrexada en Petín.

1 de abril de 2014 | 09:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.