publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os rapaces dos CEIP da Pobra do Brollón e de San Clodio reciben formación na concienciación co medio ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do BrollónLugoRibas de Sil
A-
A+

Persoal da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas participará durante os próximos días en diversas actividades cos alumnos do CEIP da Pobra do Brollón e do CEIP de San Clodio (Ribas de Sil), que desenvolverán un programa de actuacións orientadas á concienciación co medio ambiente.

No día de mañá, persoal do servizo de Conservación da Natureza da Delegación Territorial da Xunta en Lugo orientará a un grupo de 70 rapaces dos dous centros referidos na solta de alevíns de troita. Esta actividade de repoboación suporá a liberación de 1.000 exemplares desta especie na conca do Saa, afluente do río Cabe.

Nesta solta de alevíns participarán alumnos dos cursos de Primaria dos colexios da Pobra de Brollón e de Ribas de Sil, de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, acompañados por mestres dos centros.

Así mesmo, esta actividade verase complementada o próximo día 30 de abril cunha visita ao centro de recuperación da fauna silvestre do Veral. Nas instalacións deste centro dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o alumnado poderá revisar o funcionamento da piscifactoría e os distintos viveiros existentes para facilitar os traballos de repoboación de especies nos ríos galegos.

Nesta segunda actividade, inscrita ao igual que a primeira dentro do programa Voz Natura, participarán alumnos de 3º a 6º de Primaria, de 8 a 12 anos.

9 de abril de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.