publicidade hoxe

Os delitos e faltas baixaron en Tui un 30% nos dous primeiros meses do ano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTui
A-
A+
Xunta Local de Seguridade en Tui

Xunta Local de Seguridade en Tui

Esta mañá celebrouse no Concello de Tui a Xunta de Seguridade Local copresidida polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, contando coa presenza dos corpos de seguridade do municipio.

O subdelegado do Goberno da provincia de Pontevedra, Antonio Coello, asegurou que, logo da reunión da Xunta de Seguridade Local de Tui e as estatísticas resultantes dos últimos anos, Tui é unha cidade segura tendo en conta asemade o seu carácter de cidade fronteiriza, con dúas pontes internacionais,  152 núcleos de poboación, un gasoduto internacional, o albergue da  Diócese Tui-Vigo e 12 parroquias.

Segundo as estatísticas fornecidas polo subdelegado do Goberno, o número de infraccións penais cometidas na cidade de Tui desde o ano 2012 ata a actualidade viuse reducido ano a ano. Así, no 2013 houbo  case un 6% menos de delitos e faltas en relación ao ano 2012. Estas infraccións penais reducíronse tamén no que vai de ano xa que, segundo os datos recollidos en relación aos meses de xaneiro e febreiro do 2014, este ano producíronse un 30% menos de delitos e faltas en relación aos meses de xaneiro e febreiro do 2013 .

Na Xunta fíxose especial mención tamén á valoración de Tui coma cidade “tranquila” en relación aos roubos a vivendas e propiedades privadas, segundo as cifras dos últimos anos.

As reunións de Seguridade Local buscan analizar cos alcaldes dos concellos pontevedreses e os seus corpos de seguridade as cifras relativas as infraccións penais dos municipios para tomar novas medidas conducentes a reducir ao mínimo a inseguridade cidadá mediante a colaboración conxunta dos diferentes organismos competentes.

Así mesmo na reunión tratáronse os plans estatais Director e Ocio que os corpos de seguridade están a levar a cabo en toda a provincia de Pontevedra. O Plan Director ten a súa área de actuación nos Centros Educativos co fin de informar non so a pais e docentes, senón tamén aos alumnos, acerca da seguridade e o bo uso das novas tecnoloxías entre outros temas. O Plan Ocio pola súa banda establece un control máis exhaustivo sobre a venta ilegal de alcohol aos menores nos establecementos de ocio.

Por outra banda, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quixo amosar a súa gratitude xa que os datos resultantes da Xunta de Seguridade son positivos aínda que, nas súas palabras, “non hai que relaxarse e máis agora coa celebración das Festas de San Telmo declaradas de Interese Turístico de Galicia” . Con tal motivo nesta vindeira fin de semana, na que se espera unha grande aglomeración polos festexos e actividades tanto lúdicas coma relixiosas, gastronómicas e culturais derivadas da festividade de San Telmo, o Concello de Tui proporcionará un reforzo dos corpos e forzas de seguridade do municipio para a maior tranquilidade e desenvolvemento das festas patronais de Tui. 

O alcalde de Tui, a súa vez, aproveitou para defender neste encontro,  o mantemento do Partido Xudicial en Tui como elemento dinamizador en Tui e de servizo aos cidadáns .

22 de abril de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.