publicidade hoxe

O último libro do humorista gráfico Luis Davila preséntase no Centro Comercial Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Con motivo da celebración do Día do Libro, o Centro Comercial Arousa acollerá mañá mércores, ás 20:00 h. e na primeira planta, a presentación de O Bichero, Menudo Día, a última publicación do viñetista budetense Luis Davila, considerado un dos mellores humoristas gráficos de Galicia e popularmente coñecido polo seu traballo diario na tira cómica O Bichero do periódico Faro de Vigo.

O acto, aberto ao público, contará coa presenza do delegado de Faro de Vigo en Vilagarcía, Antonio Touriño, que se encargará de introducir ao autor e de realizar un breve repaso pola súa traxectoria.

O Bichero, Menudo día reúne en 132 páxinas máis de 200 tiras cómicas a cor, que representan unha selección dos traballos máis emblemáticos creados polo artista gráfico nos últimos 4 anos. A obra, a quinta publicada por Davila, xorde como complemento do espectáculo Menú do día, no que actualmente comparte escenario co actor Carlos Branco e no que debuxa en directo parte das viñetas recollidas no libro.

Ao finalizar a presentación, o autor asinará exemplares da súa obra.

22 de abril de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.