publicidade hoxe

O Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos chega ao seu undécimo aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMos
A-
A+

Onte pola tarde presentouse no Campo de Fútbol de Cototorrón, na parroquia mosense de Tameiga, o XI Torneo Internacional Fútbol Base La Caixa-Concello de Mos. Á presentación asistiron Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Isidoro Táboas, concelleiro de Deportes, Luis Alonso, edil mosense, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga; así coma un representante de La Caixa e os nenos xogadores das categorías do Club-Louro Tameiga que participarán neste torneo.

O torneo celebrarase durante esta Semana Santa, os días 16 (hoxe), 17 (mañá), 18 (venres) e 19 de abril (sábado), no Campo de Fútbol de Cototorrón e nel participarán un total de sobre 600 rapaces distribuídos en 37 equipos. Os cativos participantes neste campionato pertencen ás categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.

O horario do torneo será hoxe de 16.00 horas a 20.00 horas, mañá de 09.00 horas a 20.00 horas, o venres 18 de abril de 09.00 horas a 21.00 horas e o sábado 19 de 10.00 horas a 14.00 horas. O sábado, día 19, xogaranse as finais e os terceiro e cuarto postos da clasificación.

Este torneo está organizado polo Club Louro Tameiga coa colaboración do Concello de Mos e La Caixa, patrocinadores deste evento deportivo durante o seus once anos de historia no municipio mosense. Trátase dun torneo federado pola Federación Galega de Fútbol e a Federación Española de Fútbol, e será ademais arbitrado por árbitros tamén federados.

Os equipos que competirán os próximos días en Cototorrón, cada un con diversas categorías, son: o anfitrión Club Louro-Tameiga, a Unión Deportiva Mos, E.D.M. Salceda, Cultural Areas, ‘Escuela de Fútbol Portero 2000’, U.D. Santa Mariña, U.D. Friestense (Portugal), Desportivo Monçao (Portugal), Balaídos Club de Fútbol e Sárdoma Club de Fútbol.

16 de abril de 2014 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.