publicidade hoxe

O ORAL distribúe unha Guía do contribuínte, con datos e información útil para os usuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

 A Deputación de Pontevedra comezou a distribuír nas diferentes oficinas do ORAL da provincia unha Guía do contribuínte coa que pretende facilitarlle ós usuarios información útil sobre os servizos deste departamento da Administración provincial, ó que están adheridos na actualidade 54 dos 62 concellos da provincia.

A guía recolle os distintos servizos do ORAL, o calendario fiscal, o funcionamento da Oficina Virtual así como impresos para solicitar a domiciliación bancaria dos recibos ou para adherirse ó servizo de avisos a través de SMS, mediante o cal poden recibir información de interese como prazos de pagamento, comunicacións de devolución dos recibos…

Tamén se inclúe un apartado con información de horarios, oficinas ou atención ó contribuínte.

A guía estará á disposición dos interesados tanto nos diferentes servizos do ORAL na súa sede central de Pontevedra (recadación, xestión catastral e rexistro), como en todas as oficinas periféricas, situadas en Arbo, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, A Cañiza, Crecente, O Covelo, A Estrada, Lalín, Moaña, As Neves, Ponteareas, Ponte Caldelas,  O Porriño, Nigrán, O Rosal, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa.

15 de abril de 2014 | 16:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.