publicidade hoxe

O muíño manual de granito atopado na península de San Ciprián data da época castrexa, segundo estima Patrimonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal Portada
A-
A+
Muíño manual de granito atopado

Muíño manual de granito atopado

O Servizo de Patrimonio Cultural da delegación territorial da Xunta en Lugo remitiu o informe dos restos arqueolóxicos atopados hai unhas semanas nas proximidades do Castro da Atalaia. Unhas pezas que se atopaban soterradas na zona oeste da península de San Ciprián, e que os temporais dos últimos meses deixaron ao descuberto.

En concreto, as inmediacións do Castro da Atalaia agochaban unha base dun muíño manual da época castrexa, feito en granito, duns 36 centímetros de diámetro e uns 10 de grosor. Este foi o elemento máis pesado de todos os atopados e o que presentou máis dificultades na súa extracción. Nesa zona tamén se descubriron varios anacos dunha vaixela de cerámica, datada polo arqueólogo entre as na épocas galaico-romana e medieval.

Un útil prehistórico

Outro dos resto atopados foi un seixo branco, moi erosionado, dun tamaño semellante ao dunha man, que segundo o arqueólogo de Patrimonio é un útil da época prehistórica. Un elemento que foi levado á delegación Territorial para unha análise máis pormenorizada.

Foi un membro de Mariña Patrimonio o que detectou a existencia de restos arqueolóxicos á vista e o que se comunicou co Concello de Cervo para avisalo dos achados. Nese momento, a administración local contacta coa Xefatura Territorial da Consellería de Cultura en Lugo para informar dos descubrimentos e para traballar na súa recuperación e conservación. Así, o 3 de abril achégase ata a zona un arqueólogo do servizo para inspeccionar os restos e retiralos de forma inmediata para evitar a súa desaparición e depositalos de forma provisional nas dependencias municipais.

Unha inspección na que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, o arqueólogo de Patrimonio, os membros de Mariña Patrimonio Manuel Miranda e Miguel Vizoso, así como traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, que se encargaron de desenterrar os restos así como de transportalos. Unhas pezas que serán conservadas, protexidas e divulgadas no Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, situado en Castro de Rei. 

A edil de Cultura destaca que “la recuperación de estos restos arqueológicos, de gran valor histórico, ha sido posible gracias al trabajo conjunto del Servizo de Patrimonio Cultural, Mariña Patrimonio y el Concello de Cervo, una unión de esfuerzos que ha permitido dar todos los pasos necesarios para localizar, extraer, analizar y proteger las piezas”. Da mesma maneira a edil tamén quixo recoñecer especialmente “la implicación y la importante labor que está desarrollando Mariña Patrimonio en la recuperación del patrimonio de la comarca”.

23 de abril de 2014 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.