publicidade hoxe

O Igape asina un acordo coas Mariñas-Betanzos para promover o emprendemento na reserva da biosfera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Os potenciais emprendedores das comarcas da Coruña e Betanzos atoparán no Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos a atención que requiran. O GDR e o Igape acaban de rubricar o convenio de colaboración coa finalidade de fomentar o autoemprego entre a veciños da área, especialmente os que se atopen en situación de desemprego.

O presidente de Mariñas – Betanzos e alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, e o director xeral do Igape, Javier Aguilera, acordaran este plan conxunto o pasado mes de marzo. Agora ese acordo plásmase neste convenio centrado na difusión de información e nas accións de formación que leven o emprendemento á cidadanía.

A reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ten claro a oportunidade de emprego que supón esta denominación, en todos os sectores, aínda que o agroalimentario é un dos principais. Por iso o GDR leva organizando varios anos programas de emprego coa agricultura ecolóxica como un dos ingredientes crave.

Agora, coa firma do acordo, o Igape participará nesta formación, fomentando así o emprendemento na área. De especial relevancia resultará a colaboración do Igape para a transferencia de coñecementos aos participantes da formación, e á poboación en xeral, para animar á xeración de autoemprego.

Santiso considera que o acordo traerá “moitas facilidades” aos cidadáns, ao poder atopar no GDR unha atención para o emprendemento. Entende que é “fundamental” incentivar ao emprendemento, dado que é un camiño onde se poderán atopar moitas oportunidades na reserva.

O alcalde de Abegondo avanza que o autoemprego na reserva de biosfera considerarase tanto para o sector primario, como o secundario e o terciario. As Mariñas Coruñesas defende que parte dos fondos europeos do Plan de Desenvolvemento Rural 2014 – 2020 destínense ás reservas galegas.

15 de abril de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.