publicidade hoxe

O director de internacionalización do Igape visita a D.O. Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+
Abel Veiga Copo na visita á D.O. Ribeiro

Abel Veiga Copo na visita á D.O. Ribeiro

Abel Veiga Copo, director da área de internacionalización do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) dende setembro do ano pasado, visitou a Denominación de Orixe Ribeiro para coñecer o seu plan de xestión 2014 e os proxectos de desenvolvemento de negocio internacional, así como as inquietudes e necesidades xerais das adegas inscritas na D.O.

No seu percorrido pola D.O. Ribeiro, que estivo acompañado polo presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso Diéguez, e polo xerente, Roberto Goñi Petit, visitou as adegas Viña Costeira, Alanís e Coto de Gomariz, claros exemplos de empresas exportadoras na Denominación de Orixe. Nelas puido comprobar a alta calidade dos produtos, a capacidade exportadora, o seu modelo de xestión, o que lle permitirá poder ofrecer apoio eficiente ao desenvolvemento de proxectos que aporten valor ao conxunto desta Denominación.

Por último, Veiga resaltou que o seu departamento de internacionalización está para coordinar servizos e apoios para facilitar a expansión exterior para aquelas adegas que aínda non o fixeron e consolidar os mercados das que están abrindo mercados exteriores.

23 de abril de 2014 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.