publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O delegado do Goberno asegura que o ‘violador do estilete’ non podía ser sometido a seguimento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPol
A-
A+
Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, subliñou que unha vez que Félix Vidal Anido abandonou a prisión como consecuencia de que a doutrina Parot foi derrogada, o coñecido como o violador do estilete non podía ser sometido a ningún seguimento por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Juárez indicou que, en caso “de que se confirme a súa autoría”, estará claro que Félix Vidal Anido “non está rehabilitado, pois é reincidente”. Tras saír de prisión a finais do ano pasado a consecuencia da sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos que derrogou a coñecida como doutrina Parot, o violador do estilete permanece en prisión provisional en Bonxe despois de ser detido o pasado venres por un intento de agresión acontecido o mércores anterior na cidade de Lugo.

O delegado do Goberno destacou que a actuación policial neste caso foi a “correcta”, pois cando “un sae do cárcere, é con todas as consecuencias, mesmo cando o Goberno está en desacordo coa aplicación desa doutrina”. “Un sae con todas as consecuencias e non pode ser sometido a seguimento policial aínda que é importante que teña atención especial. Pero obviamente non poden seguirlle”, agregou.

Juárez formou parte da comitiva oficial galega, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que asistiu á presentación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da eurocidade Chaves-Verín, na antiga alfándega situada na fronteira entre España e Portugal.

14 de abril de 2014 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.