publicidade hoxe

O Conservatorio de Culleredo impulsa unha formación en saxofón para ciclos elemental e profesional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo, desde o Conservatorio Municipal de Música, organiza un curso de técnica e interpretación musical de saxofón. A solicitude de praza está aberta até mañá, mércores 30 de abril.

As clases terán lugar do 13 ao 15 de maio no Conservatorio de Culleredo, sumando un total de 12 horas lectivas. O curso está dirixido a alumnos de saxofón, tanto do grao elemental, que terán unhas clases de 30 minutos de duración, como do grao profesional, con clases de 60 minutos.

A iniciativa será gratuíta para alumnos matriculados no Conservatorio de Culleredo. Os restantes alumnos non matriculados no centro terán que abonar unha cota de 20 euros. O curso será impartido polo músico Adrián Pais Abuín, de recoñecido renome na materia. Recibiu na súa carreira máis de 15 premios en concursos nacionais e internacionais e leva a cabo numerosas masterclass en conservatorios.

A formación finalizará cun concerto o xoves 15, ás 20.00 horas no auditorio. Nel actuará tamén o propio profesor.

29 de abril de 2014 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.