publicidade hoxe

O Conservatorio de Culleredo abre unha fila 0 para colaborar coa ONG e Servizos Sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Con motivo da celebración do Concerto Didáctico do segundo trimestre, que terá lugar o próximo 11 de abril, o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo emprende, en colaboración con Servizos Sociais e a ONG de loita contra a exclusión social, unha campaña solidaria.

Por esta razón, o día do concerto, 11 de abril ás 19:00 horas, instalarase no Conservatorio unha Fila 0, para que os asistentes fagan a achega económica que consideren, e que irá destinada ás distintas entidades de loita contra a exclusión social do Concello: Cáritas O Burgo, Cáritas Vilaboa, Cáritas Tarrío, Asociación Mosaico, Asociación Abrente e Accem.

Un dos valores que se pretende inculcar aos alumnos do centro é o da solidariedade, sobre todo nestes momentos tan difíciles para moitas familias. Por iso este ano decidiuse colaborar achegando este gran de area para as familias con maior necesidade.

Así mesmo, o Conservatorio realiza unha recollida de produtos de hixiene (dentífricos e cepillos de dentes) que serán entregados aos servizos sociais municipais para a súa distribución entre familias con menores en risco. Para colaborar, disponse na primeira planta do Conservatorio dunhas caixas onde se poden depositar os donativos do alumnado, familias e calquera cidadán que queira colaborar.

1 de abril de 2014 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.